|
Como contar o que seguiu? Eu estaba aparvada e foi así como recibín o libro na man.
Creo que non dixen nada. Collín o libro. Non, non partín saltando como sempre. Funme camiñando moi devagar. Sei que sostiña o groso libro coas dúas mans, apertándoo contra o peito.
Pouco importa tamén cánto tardei en chegar á casa. Tiña o peito quente, o corazón pensativo.
Ao chegar á casa non empecei a ler. Simulaba que non o tiña, unicamente para sentir despois o sobresalto de telo. Horas máis tarde o abrín,lin unhas liñas marabillosas, volvín pechalo, funme pasear pola casa, postergueinomáis aínda indo comer pan con manteiga, finxín non saber onde gardara o libro, atopábao, abríao por uns instantes. Creaba os obstáculos máis falsos para esa cousa clandestina que era a felicidade.
Para min a felicidade sempre habería de ser clandestina. Era coma se eu o presentise.
¡Canto me demorei! Vivía no aire... había en min orgullo e pudor.
Eu era unha raíña delicada. Ás veces sentaba na hamaca para balancearme co libro aberto no regazo, sen tocalo, nunha éxtase purísima.
|
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.