Mochilas para as aulas: con todo tipo de lecturas para descubrir.
Antonte pola tarde Amanda dicíame:
Xa non leo libros. ¿Quen ten tempo para ler libros?
-Foi o día seguinte de que Olivier se fora,..
Tres rosas amarillas de Raymond Carver
|
As mochilas para as aulas son unha actividade de fomento da lectura enmarcada dentro do Plan lector do centro. Os títulos elexidos pretenden achegar as aulas na Hora de ler ás últimas adquisicións da Biblioteca, ofrecendo unha ampla variedade de recursos.Os libros seleccionados son, por tanto edicións actualizadas e que acaban de incorporarse ao catálogo da BE.
|
Os obxectivos que se perseguen con esta actividade son:
- Dar a coñecer diversos tipos de libros (informativos, álbumes, banda deseñada, novela gráfica, de ficción...)
- Posibilitar a igualdade de información para todo o alumnado.
- Fomentar a responsabilidade e o coidado polos materiais.
- Insistir no importante papel que o fomento da lectura desempeña no ensino obrigatorio.
- Mellorar o hábito lector do alumnado.
|
No curso 07-08 as mochilas incluían a seguinte documentación:
No curso 2008-09 introducíronse modificacións e transformouse nun caderno tamaño A5.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.