| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Club de lectura

Page history last edited by Bibliomanía 14 years, 9 months ago

 

 

Tiven a certeza de que un libro compartido duplica o seu gozo.

 

Emilio Pascual . Días de Reis Magos 

 

 

 

 

<<p> 

 

  • I CLUB DE LECTURA. Créase no curso  2006-2007  como unha actividade enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca. Defínense as bases e elabórase un documento  que  regula o seu funcionamento e periodicidade.

 

          O primeiro libro seleccionado foi  Historia de una gaviota y el viejo que le enseñó a volar de Luis Sepúlveda .

          Este título foi elexido polas profesoras francesas que participaron no intercambio co noso centro.

          O obxectivo era que os alumnos compartisen gustos, afeccións e tivesen a lectura como vínculo de unión. 

          No terceiro trimestre a lectura comentada foi El  cartero de Neruda de Skármeta. 

 

 

 

  • II CLUB DE LECTURA. No curso 2007-08  o club de lectura pasa ser unha  actividade de fomento da lectura contextualizada dentro do Plan lector do centro e recollida no proxecto da Biblioteca.

 

          O primeiro  libro seleccionado foi El misterio de la isla de Tokland de Joan Manuel Gisbert. Este título foi

          elexido polas  profesoras do departamento de Lingua castelá, dado que o autor ía visitar o noso centro.

          As xuntanzas  realizáronse no tempo do recreo no mes de febreiro e  dado que os alumnos anotados pasaban

          de cincuenta  dividíronse en tres grupos. Elaborouse a seguinte documentación:

 

 

 

 

  • III CLUB DE LECTURA: curso 2008-09 

 

     No presente curso escolar o club de lectura nace cun impulso renovado e preséntase cun proxecto monográfico

     á convocatoria específica da Consellería de Educación. O profesor coordinador é  Juan Manuel Álvarez Guillán que xunto      con Ana María Dios Abilleira  encargaranse de organizar e dinamizar as distintas actividades; María Dolores Tobío,      coordinadora da Biblioteca farase cargo da parte virtual do club.

 

     Póñense en funcionamento dous clubs paralelos, un específico para alumn@s, case todos de 1º e 2º da ESO, e      outro para os pais dos alumn@s, así como o persoal non docente. O número de alumn@s variou de 12 a 8, mentres      que o club de adultos mantívose nos 7membros iniciais. 

 

     Elixir o idioma das lecturas propiciou un pequeno debate chegando á conclusión de que o club,      ademais de permitir deleitarnos coas lecturas, tamén debería facernos máis competentes na lingua que non      dominamos. Ao ser o  castelán a lingua maioritariamente falada, decidiuse o galego, que ademais permitía      coñecer realidades e autores máis próximos. 

 

      As lecturas xiraron en torno a dous temas: a Guerra do 36 e a gastrononía. A razón de centrarnos nestes dous temas vén      motivado polas actividades que se desenvolven no Centro e que van inscritas nos proxectos de todo o curso: 

 

     - Proxecto interdisciplinar de centro: a Gastronomía

     - Proxecto departamento de Ciencias Sociais: 70 aniversario da Guerra Civil Española.

 

        Así pois, os libros seleccionados teñen como temática a Guerra Civil e os anos posteriores, prestando

        unha atención especial ás referencias gastronómicas:a fame, o estraperlo...

  

        - Noite de Voraces Sombras de Agustín Fernández Paz.

   -   Tristes Armas de Mariña Mayoral.

   -   O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas.

 

 

  • Que se pretende?

  

     - Fomentar a lectura.

     - Fomentar o diálogo.

     - Fomentar o debate.

     - Coñecer e contextualizar un período histórico fundamental da nosa historia.

     - Comparar e contextualizar situacións do pasado en relación ao presente nos seus aspectos máis cotiáns:

       tempos de escaseza-tempos de abundancia.

     - O desexo de querer aprender.

     - Fomentar a través da lectura o diálogo cos nosos maiores. 



  • Lugares de reunión: As reunións tiveron lugar na biblioteca, así como nun aula que se habilitou para o club. O encontro co autor Agustín Fernández Paz (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil) tivo lugar na sede da Fundación Caixa Galicia, como mostran as imaxes recollidas no blog.

  


  • Calendario: Léronse os tres libros mencionados con anterioridade  e xestionáronse distintas actividades  ao redor da lectura como a proxección de documentais, cine fórum, encontos co autor, charlas de persoeiros que viviron os tempos da guerra, rutas litararias. 

          Así nas xuntanzas non só se comentaron os libros, senón outros temas relacionados. Os membros do club dispoñían dun carné

         e dun pasaporte de lecturas, nos ue se anotan as citas vocabulario de referencia.

   

  • Actividades realizadas:

  

-     Encontro co autor: Agustín Fernández Paz

-     Visualizar documentais: Aillados (os presos da illa de San Simón, relacionado con Noite de Voraces Sombras e o Lapis do carpinteiro ); Os nenos de Rusia (en referencia a Tristes Armas).

-     Conferencia dunha memoria viva da Guerra Civil: D. Avelino Pousa Antelo.

-     Excursión á Illa de San Simón.

-     Maratón de cine en galego: A lei dá fronteira e o Lapis do carpinteiro

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.