Por que a humanidade le despois de tantos séculos? Acaso non se pode vivir sen ler?
Volve agromar na miña lembranza aquela velliña, a señora Aurora, que lía no cristal das augas, nas tatuaxes do tempo, no madurar das uvas, nos silencios, nas miradas... pero non era quen de descifrar os códigos escritos... Ela sentada nunha vella cadeira; eu, sobre aquela colcha lila de faisáns dourados que cubría a súa cama mentres lle lía unha e outra vez –ata que a aprendía de memoria— a carta do seu fillo, que ela sacara de rentes ao corazón. Logo quedaba a soas mirándoa con ollos prendidos de luz, lendo sen saber ler, nunha liberdade máis íntima e a min antollábaseme adiviñar non seus xestos «agárdote aquí, trasnoitando o meu soño». A señora Aurora influíu en que nunca tivese que me preguntar: Por que ler?
FINA CASALDERREY
|
Plan lector
Proposta de repertorio de lecturas
A expresión escrita como medio para facer lectores
- Xosé Neira Cruz no 2006
- Agustín Fernández Paz no 2007 e 2009
- J. M Gisbert no 2008
- Fran Alonso no 2008
- Elvira Pérez no 2008
- Carme Becerra no 2007 e 2008
- Roberto Salgueiro no 2008
- Xabier P. Docampo no 2009
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.