| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Fases

Page history last edited by Bibliomanía 14 years, 10 months ago

 

       Da catalogación manual ao catálogo en rede.

No ano 2000 danse os primeiros pasos para a informatización dos fondos co programa BIBLIO. Ao ano seguinte, mércase o programa  GB windows 32. O lector  de código de barras  incorpórase ao ano seguinte para o préstamo e para a catalogación dos fondos, creando un código de barras propio, que incorpora o número de rexistro,  para os máis de  5000 exemplares que neses momentos estaban catalogados na Biblioteca.  No ano 2005 solicítase o programa Meiga da rede de Bibliotecas galegas, que  proporciona a posibilidade de ter o catálogo en Internet.

 

 

      Da doazón dos fondos procedentes de expurgos aos fondos actualizados.

   Nos primeiros anos de funcionamento da Biblioteca a compra de fondos realízase, case en exclusividade, con exemplares das lecturas recomendadas polos Departamentos de linguas e as aportacións feitas polos mesmos á Biblioteca, aos que se lle vai sumar unha aportacíon extraordinaria de documentos procedentes dos colexios de Primaria adscritos  ao centro. Será a partir do curso 2006-07 coa chegada dos fondos económicos do Plan de Mellora cando se empeza realmente a adquirir materiais actualizados en todo tipo de soportes. Ao comezo do curso 2007-08, a biblioteca conta con 7000 volumes, en porcentaxes nos que aínda a ficción é superior ós materiais de consulta  ou de información polo que se segue  impulsando o equilibrio de fondos e a variedade de soportes Todavía se fai necesario expurgar parte da colección así como dotar e actualizar varias seccións da CDU: audiovisuais, cds de música, os materiais en soporte informático...

 

 

 

Para o  curso 2007/2008 a adquisición de fondos, de acordo cos criterios establecidos  no Plan de adquisicións elaborado o curso  anterior dou prioridade aos materiais para o desenrolo e consecución do obxectivo 4 do proxecto: a posta en práctica do plan de lectura, iniciado no  3º trimestre  do 2007.

 

 

 

 Dun espazo compartido a un espazo de uso específico para Biblioteca: a  redistribución dos fondos e sinalización.

 Aos dous anos de funcionamento do centro ten lugar unha ampliación do mesmo en dúas aulas. Esta carencia facía que a sala da Biblioteca fose utilizada para dar clases ordinarias. Esta realidade foi desaparecendo progresivamente e dende fai catro anos a Biblioteca emprégase para as finalidades que lle son propias. Os cambios producidos e o incremento dos fondos adquiridos, a pesar dos expurgos realizados, fan necesario  a redistribución no espazo. Aproveitouse o modelo de Biblioteca que propón a Consellería de Andalucía para seguir unha distribución máis funcional dos recursos parella dunha nova sinalización.

Habilitáronse zonas específicas, a pesar do reducido do tamaño da sala: a zona informática,  a zona da lectura con catro butacas, a hemeroteca…

 

 

       Dun mobiliario pechado ao acceso directo: renovación de mobiliario

     Armarios con vitrinas de cristal e con chave eran os únicos mobles dos que dispoñía      inicialmente a Biblioteca. Logo, só permanerían baixo chave os documentos      multimedia; ata retirarse os cristais e pechadora para dar acceso directo a tódolos      fondos. Tamén, progresivamente adquiríronse estantes. Ao comezo do curso actual      incorporouse mobiliario específico para os fondos en soporte multimedia.

 

     De non dispor de ningún equipo multimedia  ás novas adquisicións de equipamento

     Nos primeiros anos a Biblioteca  non contaba con ningún ordenador na sala. O      préstamo facíase manualmente, e a catalogación, aínda que estaba informatizada,      realizábase en dependencias alleas. Actualmente, dispoñemos de dous ordenadores      para xestión, (un deles compartido co alumnado), catro para os usuarios con conexión      á internet,  dúas  impresoras, unha  delas láser en color, escáner, lector de código de      barras, equipo musical, reproductor de DVD, cañón e pantalla para proxeccións.

 

     

No curso 2000-2001 o equipo da Biblioteca propón á Dirección un proxecto de actuación para a súa organización e funcionamento que logra avances significativos na xestión e informatización dos fondos; pero será a decisión de formar parte no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares galegas no curso 2005-06 o que provocará unha transformación  na dinamización da Biblioteca e a súa integración no contexto educativo

 

 

 

 

 

 

            Gifs ANimados Flechas (105) PRINCIPAL

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.